Impulsando o futuro das enerxías renovables desde Galicia
Business Factory Energy
BF ENERGY
A BUSINESS FACTORY ENERGY é un programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas, que forma parte da Rede de Aceleradoras da Xunta de Galicia.
Busca promover o desenvolvemento de empresas innovadoras do sector das enerxías renovables e a súa cadea de valor en Galicia. Está aberta a todas as institucións, empresas e emprendedores/as con interese en consolidar neste ámbito un ecosistema de innovación aberta.
Retos da 1ª edición
Buscamos proxectos innovadores que dean resposta aos principais desafíos do sector enerxético.
01
Electrificación industrial para operar coa rede actual
02
Almacenamento e flexibilidade enerxética
03
Eficiencia enerxética industrial e valorización da calor residual
Implementar tecnoloxías disruptivas para reducir o consumo e aproveitar a calor residual en contornas industriais.
04
Extensión de vida, repotenciación e economía circular de activos enerxéticos
05
Desenvolvemento e industrialización da eólica mariña flotante
06
Descarbonización: gases e moléculas renovables, novos combustibles e cadea de valor do CO₂
07
Reto aberto — outras iniciativas de innovación enerxética
Obxectivos
Promover o desenvolvemento de empresas innovadoras do sector das enerxías renovables e a súa cadea de valor en Galicia.
Promoción
Promover e consolidar proxectos innovadores dentro do sector das
enerxías renovables e a súa cadea de valor.
Innovación
Xerar un ecosistema de colaboración e innovación aberta en Galicia.
Transición
Fomento
Localización e contacto
Sede: CIS Ferrol. Un espazo estratéxico para o desenvolvemento tecnolóxico e industrial.
- Infraestrutura tecnolóxica de referencia
- Acceso a medios técnicos especializados
- Ecosistema de innovación vertical
- Sinerxia con entidades tractoras
- Fomento da colaboración público-privada
- info@bfenergy.gal
- Asime (+34) 986 410 727 · Cluergal (+34) 663 316 315
A quén vai dirixido?
Desde a BFE buscamos talento innovador que queira liderar a transformación enerxética, polo que o programa BFE está aberto a todos aqueles proxectos de carácter innovador pertencentes ao sector das enerxías renovables ou que conten cunha proposta de valor relacionada coa súa cadea de valor.
Poden participar emprendedores/as, EIBTs, startups, spin-outs, spin-offs ou outras empresas que presenten proxectos vinculados ás enerxías renovables, con sede en Galicia ou que estean dispostos a establecer a súa sede social ou centro de traballo en Galicia.
Cómo funciona?
Co noso ecosistema de fases o programa adáptase ao estado de madurez de cada proxecto:
Incubación (máx. 12 meses)
Incubación (máx. 12 meses)
Para ideas en fase temperá. Axudamos na validación do modelo de negocio, desde a concepción ata a elaboración do plan de empresa.
Dirixido a proxectos cunha idea de negocio cuxos promotores creen ou
se comprometan a crear unha empresa con razón social e fiscal en Galicia nun prazo determinado durante o período de incubación.
Aceleración (máx. 12 meses)
Aceleración (máx. 12 meses)
Para proxectos con Produto Mínimo Viable (PMV) ou vendas iniciais. O foco é a sistematización do modelo
de negocio, a entrada en novos mercados e a captación de clientes.
Dirixido a Sociedades xa constituídas e cun centro de traballo en Galicia, ou ben promotores que se comprometan á creación dunha empresa/centro de traballo en Galicia nun prazo determinado dentro do período de aceleración.
Consolidación (máx. 9 meses)
Para empresas con vendas reais e modelo estruturado que buscan escalar e converterse en modelos de
negocio estables.
Dirixido a Sociedades xa constituídas, con alta capacidade de crecemento, e con sede social o cun centro de traballo en Galicia.
Non se convoca na 1ª edición (2026)
Servizos
Os proxectos seleccionados recibirán, entre outros, os seguintes servizos:
Titorización e Mentorización
Proba de concepto
Formación de alto rendemento
Networking
Acceso a Financiamento e apoios económicos
- Participación no investors day
- Subvencións a fondo perdido: 25.000 € para os proxectos seleccionados nas fases de incubación e aceleración.
- Financiamento a través de Xesgalicia: Nas fases de aceleración e consolidación, as empresas poden obter financiamento mediante participación en capital ou préstamos participativos de ata 50.000 € (aceleración) ou 250.000 € (consolidación), suxeito a análise de investimento e coinvestimento.
Cronograma
Selección
Captación:
(do 8 de setembro ao 8 de outubro de 2026 ás 14:00 h)
Presentación de candidaturas a través do formulario habilitado na web de BFE.
Startup Day:
(outubro de 2026)
Tras a fase de avaliación e entrevistas, ata 20 proxectos participarán nunha xornada de presentación e dinámicas para avaliar as competencias e habilidades dos equipos promotores. Da selección final incorporaranse ata 8 proxectos ao programa.
Estratexia
Formación grupal:
Sesións enfocadas en competencias transversais, modelos de negocio no sector enerxético e metodoloxías de innovación.
Mentorización individualizada:
Apoio personalizado por parte de expertos para definir e pulir a estratexia do negocio, analizando os puntos fortes e as áreas de mellora antes de pasar á fase operativa de aceleración.
Aceleración / Incubación / Consolidación
Incubación: Foco total na
viabilidade da idea, realización de probas de concepto e validación do modelo de negocio para acadar un plan de empresa sólido.
Aceleración: Deseño e lanzamento do Produto Mínimo Viable (PMV),
sistematización de procesos
e estratexias para a captación de clientes e entrada en novos mercados.
Consolidación: Foco na escalabilidade e estabilidade. Axilizamos a conversión do proxecto nunha empresa estable, con vendas reais e capacidade de crecemento sostible a longo prazo.
Cómo enviar a candidatura?
O proceso de selección realízase mediante concorrencia competitiva.
- Consulta as bases da convocatoria vixente.
- Prepara a documentación técnica.
- Completa o formulario oficial de inscrición na nosa web.